
FULGOR (2019)
1 Fulgor
Música e Letra: Budiño
2 Poderosa
Música e Letra: Budiño
3 Frida
Música e Letra: Budiño
4 Pulso
Música: Budiño; Letra: Antía Otero
5 Santiago
Música: Budiño; Letra: Xoel López
6 Boreal
Música e Letra: Budiño
7 San Xoan
Música: Budiño; Letra: Vega
8 Sós
Música e Letra: Budiño
9 Obertura
Música: Budiño
10 Bos Amores
Música: Fran Pérez “Narf”; Letra: Rosalía de Castro
11 Fulgor (v. cast.)
Música e Letra: Budiño
12 Santiago (v. cast.)
Música: Budiño; Letra: Xoel López
Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.
O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo. FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero).
Letras de songwriters (Xoel López e Vega).
Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo. Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores".
Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.
Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.




















