PARALAIA (1997)

EDICIÓN LIBRO DISCO 20 ANIVERSARIO 2017

1 Paralia 
2 Cantar de Sta. Sabiña 
3 Aire do Cruceiro con Mercedes Peón
4 Rapa Bestas
5 Lóstregos con Kepa Junkera
6 Marcha de Breixo con Jacky Molard e Söig Siberil
7 Ardora
8 A Fonte da Pedra
9 Alalá da Vila Ortegán 
10 Jotón Club
11 O Pateado con Mercedes Peón
12 Santa Compaña

  • Premio de la Música en España
    Mellor canción en Galego (Ardora)

PREMiOS e CONCERTOS. 
En Outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense «Folk Roots» (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes.

O programa «Trébede» de Radio Nacional de España elíxeo tamén entre os cinco mellores discos nacionais noveles do ano 1997.

A.I.E. (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes de España) escolle a Budiño en Xaneiro do 98 como representante de Galicia para o programa «Artistas en Ruta» que o levará por distintas cidades do estado.

O 16 de marzo Budiño recolle o Premio ao Mellor Solista Revelación do 97 concedido polo Periódico «El Ideal Gallego».

PREMiOS da MÚSICA 1999 (S.G.A.E. e A.I.E.)
 Budiño recibiu o 22 de Abril do 99 o «Premio á Mellor Canción en Galego» polo seu tema «Ardora», outorgado pola Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE) e a Asociación de Artistas Intérpretes i Executantes de España (AIE).

Budiño conseguíu a nominación a este premio despois de ter reunido na preselección sete candidaturas: Artista Revelación, Mellor Canción, Mellor Canción en galego, Mellor Álbum, Mellor Productor artístico, Mellor Técnico de son e mellor Arranxista.

Convidados especiais:
Jacky Molard: Violín

Mercedes Peón: Voz
·
Soïg Siberil: Guitarra

Kepa Junkera: Trikititxa

Produción Musical:
Jacky Molard e Budiño.

Libro+CD / edición remasterizada

«Paralaia», o primeiro disco de Budiño, cumple 20 anos. A súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado. A súa infancia, as lendas do monte Paralaia, o mar, os seus comezos… todo esto está reflectido nas ilustracións deste coidado traballo a cargo da ilustradora Ana Zon e a remasterización de audio de Arturo Vaquero.

Anterior
Anterior

ARREDOR